CRTVG

Buscar

Rescatada tras caer co seu coche na praia de Ribeira, en Fisterra

Publicado o 24/05/2020 21:39

E este coche acabou envorcado en plena praia da Ribeira, en Fisterra, despois de precipitarse por varios desniveis, derrubando a balaustrada de dous deles. Pasadas as cinco e cuarto da tarde, varios particulares avisaban o 112 dun coche que caera no areal, moi preto da auga.

Ao parecer, tentaba entrar no garaxe cando se precipitou á praia. A condutora e única ocupante precisou axuda para saír do vehículo. Foi trasladada a un centro hospitalario. Afortunadamente, non houbo feridos nin no paseo nin no areal.


 

Noticias web

24/05/2020