CRTVG

Buscar

Repuntan as vendas do pan de Cea

Publicado o 25/05/2021 20:30

O alivio das restricións animou as vendas do pan de Cea, pero sobre todo a reapertura de restaurantes e taperías.

No primeiro cuadrimestre deste ano baixou o negocio, pero non no total do 2020, que, malia a pandemia, o alto aumento do consumo nas casas co confinamento fixeron que as vendas aumentaran un 5 por cento con respecto ao ano anterior. E os bos datos da exportación, que se sitúa de media nun 40 por cento da produción.

No 2004 o pan de Cea acadou o selo de Indicación Xeográfica Protexida dende aquela a hoxe multiplicaron por sete as vendas, máis de 700.000 pezas venderon o último ano.

Noticias web

25/05/2021