CRTVG

Buscar

Representantes de CIG-Ensino e Confederación de Anpas Galegas reclaman máis docentes nas aulas

Publicado o 08/09/2021 17:10
Representantes de CIG-Ensino e Confederación de Anpas Galegas reclaman máis docentes nas aulas

Representantes de CIG-Ensino e da Confederación de Anpas Galegas concentráronse esta mañá ante a Consellería de Cultura, Educación e Universidade baixo o lema "Menos ratio, máis docentes. Contra a pandemia dos recortes".

Protestan polos recortes de persoal docente e o incremento de ratios que se está levando a cabo en Galicia a pesar da pandemia. Tamén sinalan que a redución da distancia nas aulas a 1,2 metros non é de obrigado cumprimento e que se poderían manter os 1,5 metros do curso pasado. Atribúen esta decisión a unha redución orzamentaria.

Noticias web

08/09/2021