CRTVG

Buscar

Representantes agrarios piden medidas eficaces para reducir o número de xabarís

Publicado o 10/07/2019 14:23

Agricultores, gandeiros e cazadores piden novas medidas para frear o aumento da poboación de xabarís.
Representantes destes sectores participaron nunha reunión que convocou Unións Agrarias en Santiago. Neste encontro, alertaron dos riscos santiarios derivados do incremento do número de xabarís e dos graves danos que lles ocasiona. Unións Agrarias ve necesario un cambio de modelo, que implique modificacións lexislativas con medidas contundentes.

Roberto García- Secretario xeral de Unións Agrarias: "Buscar un cambio de normativa que teña como finalidade unha redución significativa do número de exemplares, que permita tomar medidas para anticiparnos a riscos sanitarios e a abandonos de cultivo por parte de agricultores e gandeiros"

Noticias web

10/07/2019