CRTVG

Buscar

Repatrian o corpo do ourensán falecido que loitaba coas milicias kurdas

Publicado o 17/04/2018 09:25

Dous meses despois do seu falecemento en Siria, está previsto que nas próximas horas cheguen a Andorra os restos mortais do ourensán Samuel Prada León, que loitaba coas milicias kurdas co nome de Baran Galicia. 

Samuel Prada León, falecido o pasado mes de febreiro no norte de Siria, será soterrado o domingo na igrexa de Escaldes, en Andorra, onde o mozo de orixe ourensá vivía desde os seis anos. Segundo publican hoxe algúns medios, os restos mortais de Samuel Prada chegarán a Andorra nas próximas horas, despois de algo máis de dous meses desde que falecera en pleno combate contra o exército turco.

O mozo, de 24 anos, que se facía chamar Baran Galicia, formaba parte das milicias kurdas. Era un dos 25 españois que loitaban contra o Estado Islámico en Siria e Iraq e o primeiro en morrer en combate. Participou na liberación da cidade de Raqa e levaba case un mes en Afrín, cando Turquía iniciou a ofensiva contra as forzas kurdas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/04/2018