CRTVG

Buscar

Repatrian o cadáver da muller presuntamente asasinada polo seu fillo en Foz

Publicado o 27/11/2019 13:56

E esta tarde chegan a Brasilia os restos mortais de Minaene Franco, a muller presuntamente asasinada polo seu fillo de 17 anos na vila luguesa de Foz.

Xunto ao seu cadaleito viaxan dúas das súas irmás, que hai dúas semanas chegaron a Foz dende o Brasil para facerse cargo da repatriación.

Os gastos do traslado sufragáronos grazas á solidariedade dos veciños. A comunidade brasileira da Mariña abriu unha conta bancaria para recadar fondos.

 

Noticias web

27/11/2019