Repatrían mozos belgas por 34 positivos en covid-19 por un gromo en Lloret de Mar
Publicado o 09/07/2021 08:22

Unha empresa belga que organiza viaxes de mozos cancela as previstas a España. Anunciouno despois de que se detectasen 34 positivos por covid−19 en tres grupos de case 300 mozos que estaban de vacacións na Costa Brava e no Maresme catalán. Algúns xa estaban de volta en Bélxica, pero outros quedaron confinados en Lloret, na provincia de Xirona. Os demais integrantes destes grupos foron repatriados en autobuses enviados pola axencia.