CRTVG

Buscar

Repartidores que queren seguir sendo autónomos protestan ante o Congreso

Publicado o 27/05/2021 16:16
Repartidores que queren seguir sendo autónomos protestan ante o Congreso

Os repartidores que queren seguir sendo autónomos manifestáronse esta mañá diante do Congreso dos Deputados, onde se ía aprobar a nova lei que obriga as empresas a regularizar os contratos dos traballadores e a contratalos como asalariados.

Eles din que queren manter a figura do traballador por conta propia para poder elixir a empresa coa que traballen. Din tamén que coa nova lei se poñen en risco miles de postos de traballo.










 

Noticias web

27/05/2021