CRTVG

Buscar

Repartidores de Ferrol quéixanse do exceso de multas de estacionamento

Publicado o 31/03/2021 14:33

Empregan entre un e cinco minutos para facer a repartición. Estacionamentos breves, pero non sempre en zonas autorizadas, o resultado:

"Hai quen ten sete multas no mesmo mes, son 1.400 euros, nós somos autónomos", di Luis Alberto Lobo, repartidor.

Denuncian a pouca tolerancia da Policía Local, que a pesar das súas explicacións tramita igual as sancións.

"Entendemos que estacionar en dobre ringleira non está permitido, pero nalgunhas zonas do centro en hora punta xuntámonos nove ou dez repartidores e non hai onde aparcar", engade Alberto.

A pandemia disparou os envíos de comida a domicilio que se converteron no sustento de moitos hostaleiros nos momentos máis duros.

"Axudáronnos a seguir, malvivindo, pero sobrevivindo", di o hostaleiro Eduardo Louzán.

E por iso agora apoian as súas reclamacións.

"Aparcan 50, 60, 100 veces ao día, un pouco de empatia son traballadores, non cometen unha infracción grave", engade Louzán.

Reclámanlle solucións ao Concello, como habilitar aparcadoiros rápidos para que poidan facer a repartición con tranquilidade.

Noticias web

31/03/2021