CRTVG

Buscar

Reparten 4.000 fundas de móbil para os sanitarios da área de Pontevedra

Publicado o 23/04/2020 16:13

Decidiron doar estas fundas ao persoal sanitario para agradecer o seu esforzo e tras detectar un incremento no uso que están a facer dos teléfonos móbiles durante a pandemia, non só de xeito particular, senón tamén para informar aos familiares da evolución dos ingresados por COVID-19 e poñelos en contacto.

Comezaron repartindo catro mil unidades no hospital de Montecelo e entre os traballadores que prestan servizos esenciais en Ponte Caldelas, pero non descartan ampliar esta iniciativa a outras cidades galegas nas vindeiras semanas.

Noticias web

23/04/2020