CRTVG

Buscar

Reparan a instalación danada que deixou sen teléfono dez casas de Muimenta durante un mes

Publicado o 13/01/2020 14:31

Dez casas de Muimenta, no concello lugués de Cospeito, estiveron un mes sen teléfono fixo.

Un camión que estaba a manobrar derrubou un dos postes da instalación telefónica e deixou as vivendas sen o servizo por espazo de catro semanas. A maioría dos afectados son persoas de avanzada idade que durante este tempo tiveron que desprazarse aos negocios da zona ou a casas de amigos e familiares para poder facer chamadas.

Malia que reclamaron dende o mesmo día do incidente, non foi ata hoxe cando por fin repararon a avaría e colocaron o poste.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2020