CRTVG

Buscar

Renuncian os policías que facían atestados en Lugo denunciando falta de medios

Publicado o 06/05/2019 15:51

Novo paso no enfrontamento entre a alcaldesa de Lugo e a Policía Local. Os axentes que realizaban de forma voluntaria os atestados renuncian. Alegan falta de medios técnicos e humanos. 

Vehículos vellos, ordenadores que non funcionan, escaseza de material ou falta de descanso son algúns dos motivos que esgrimen os doce axentes da Policía Local de Lugo que renunciaron a seguir tramitando os atestados, algo que facían de xeito voluntario. Os sindicatos policiais culpan a alcaldesa das renuncias e do resto de deficiencias no servizo. "Lara Méndez non adecúa a plantilla nin os medios ás necesidades do servizo da Policía Local," di Manuel Cerdeira, representante do sindicato CSIF na Policía Municipal de Lugo.

A alcaldesa resta importancia ás renuncias e di que o servizo de atestados se vai seguir prestando, igual que o resto dos da policía.

"Temos que adecuar os medios dos que dispoñemos ás necesidades do servizo", asegura Lara Méndez.

Este é cuarto enfrontamento entre a policía e a alcaldesa no que vai de ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/05/2019