CRTVG

Buscar

Renovación dos órganos institucionais: PSOE e PP pechan vinte nomeamentos

Publicado o 22/10/2021 08:47

O acordo confirmábase xa entrada a noite. PSOE e PP conseguiron consensuar 20 designacións; catro son maxistrados do Tribunal Constitucional, que mantén a maioría conservadora. Tamén se renova por completo o Tribunal de Contas con 12 conselleiros. A directora e adxunto da Axencia de Protección de Datos, un por cada partido. E o socialista Ángel Gabilondo será o novo Defensor do Pobo coa deputada do PP e vítima de ETA María Teresa Jiménez Becerril como adxunta. O acordo pechárono en sete días o secretario xeral do PP García Egea e o ministro da Presidencia.

Tanto socialistas como populares valoran o acordo como moi positivo. Din que os nomes pactados teñen prestixio e unha dilatada traxectoria profesional. En Unidas Podemos din que foron informados das negociacións e sitúan na súa órbita un maxistrado do Constitucional, outro do Tribunal de Contas e a segunda adxunta do Defensor do Pobo. Agora queda pendente a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial. As designacións pactadas por PP e PSOE chegarán ao pleno do Congreso a principios de novembro.

Noticias web

22/10/2021