CRTVG

Buscar

Ringleiras de xente no Ifevi no primeiro día de vacinación sen cita previa

Publicado o 11/09/2021 14:12

8.000 doses para este sábado na trastenda. Non todas son para vacinas sen cita previa, aínda que si a maioría, unhas 6.600.

Con cita, e sen agardar esta longa ringleira, os que están recibindo a segunda dose de Ffizer. Son mil persoas entre 27 e 28 anos.

400 persoas que non recibiron a segunda dose por non estaren cando os citou o Sergas vacínanse hoxe para así teren a pauta completa.

O resto das doses, todas do preparado de Pfizer, están sendo administradas sen cita previa por primeira vez en Galicia. O paciente chega, dá o número do DNI, pasa a un dos sete postos activos de vacinación e agarda quince minutos.

Os motivos de estar sen vacinar a estas alturas da pandemia son moitos.

Hai unha porcentaxe mínima da vacina deseñada por Janssen que se lles está administrando aos que só poidan recibir, pola razón que sexa, unha picada.

A experiencia da vacinación sen cita previa traduciuse en ringleiras de persoas Cóntannos os traballadores do Sergas que están no operativo do Ifevi que hai moita máis xente da que agardaban nos sete postos de vacinación.

Noticias web

11/09/2021