CRTVG

Buscar

A folga en Renfe obriga a cancelar 28 trens en Galicia

Publicado o 31/08/2019 20:31

Un total de 28 trens non circularán este domingo en Galicia en plena operación retorno debido á folga convocada por CXT que xa obrigou a cancelar unha trintena de convois o venres pasado na comunidade. Segundo os datos achegados por Renfe a Europa Press, as viaxes afectadas este domingo son 18 trens de media distancia, como o Vigo- Urzáiz-A Coruña das 11:15 horas e o Valença do Minho-Vigo-Guixar das 20:44 horas. Tampouco circularán oito de longo percorrido (Madrid-A Coruña e A Coruña-Hendaia, por exemplo) e dous convois cuxa circulación estaba prevista para o día 2 (Monforte-Pontevedra e A Coruña-Ferrol). Con esta convocatoria, CXT reclama un aumento do persoal de Renfe e, ademais, que a compañía aplique de forma acumulada a redución da xornada laboral semanal a 37,5 horas, de forma que se sumen días libres ao persoal en vez diminuír en 17 minutos o seu tempo de traballo de cada día. Renfe procurará recolocar os viaxeiros dos trens cancelados.

Noticias web

31/08/2019