CRTVG

Buscar

Renfe suprime unha trintena de trens en Galicia polos paros na véspera da ponte

Publicado o 05/12/2019 07:57

• A folga está convocada polo sindicato CXT para protestar pola política de privatizacións e pola falta de persoal

• Hai programada outra xornada de folga para o día 20

Coincidindo coa operación saída da ponte da Constitución, os traballadores de Renfe están chamados á folga. Por este motivo, a compañía ferroviaria suprime varios trens en Galicia, catro a pasada noite. HOxe xoves suprímense outros seis de longa a distancia, a maioría entre Vigo e O Porto. E de media distancia son 21 os trens que non circularán , a maioría afectan o Eixo Atlántico (á circulación entre A Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo).

En total, en toda España, foron suprimidos 155 trens. A folga está convocada polo sindicato CXT para protestar pola política de privatizacións e pola falta de persoal Este sindicato, que é minoritario no comité de empresa de Renfe, ten programada outra folga máis para o 20 de decembro.

Noticias web

05/12/2019