CRTVG

Buscar

Renfe suprime o tren Avant das 06:45

Publicado o 18/09/2020 14:10

En Ourense reclaman a restitución do tren Avant en que, á primeira hora da mañà, viaxaban estudantes e traballadores cara a Santiago e A Coruña.

Renfe suprimiuno durante a pandemia, e non figura entre os servizos que a compañía vaia recuperar a curto prazo. Así que, por tren, dende Ourense, complícase chegar a Santiago ou á Coruña antes das oito da mañá.

Mentres, en Adif anuncian novos aprazamentos no AVE. A inauguración do tramo Zamora-Pedralba adíase a mediados do mes de outubro. Un tramo de 110 quilómetros que aforraría 50 minutos na viaxe entre Ourense e Madrid.

Noticias web

18/09/2020