Renfe sobe os prezos dos billetes de todos os trens
Publicado o 01/01/2020 15:08

Co 2020 tamén soben de prezo os billetes de tren de Renfe No caso dos Avant, os trens rexionais que circulan por liñas AVE, o incremento é dun 1,2%
E os trens de proximidade e media distancia soben un 1%
Tamén se encarecen os trens de longa distancia e Alta Velocidade, neste caso un 1,1%. Falamos de billetes sinxelos. Os bonos multiviaxe mantéñense sen variacións.