CRTVG

Buscar

Renfe reduce a frecuencia dos trens, que irán só ao 15 % da súa capacidade

Publicado o 17/03/2020 22:19

Esta medianoite empezan a aplicarse as restricións nas viaxes en tren para evitar contaxios. Renfe reduce a frecuencia dos trens, que irán só ao 15 % da súa capacidade, para garantir que se mantén a distancia de seguridade entre viaxeiros. 

En España viaxarán só un terzo dos pasaxeiros habituais, porque se reduce á metade o tráfico de trens AVE, Longa e Media Distancia e Avant, e deses só se poñerá á venda o 30 % das prazas. Deste xeito, queren garantir que se mantén a distancia de seguridade entre os pasaxeiros para evitar contaxios.

Os trens de proximidades manteñen o servizo. A partir de hoxe, todos os que mercaron billetes para viaxar estes días poden anulalos ou cambialos sen custo adicional. Ademais, os que teñan abonos mensuais poderán utilizalos cando remate a crise sanitaria. 

 

 

Noticias web

17/03/2020