CRTVG

Buscar

Renfe mantén bloqueada a venda de billetes a Madrid no día

Publicado o 15/05/2019 22:13
Renfe mantén bloqueada a venda de billetes a Madrid no día

Renfe mantén bloqueada, tanto na páxina web como en despachos físicos, a venda de billetes no día para viaxar a Madrid ou desde Madrid. De feito, esta mesma tarde xa non se podían mercar billetes ata o día 18.

A compañía explica que se trata dunha medida temporal, para organizar as prazas e o alugueiro dos autobuses que transportan os viaxeiros entre Ourense e Zamora polas obras do AVE. O que non precisan é se este bloqueo se manterá ata o día 24 ou se habilitará outro tipo de control.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019