CRTVG

Buscar

Renfe mantén as viaxes de balde para os sanitarios, pero terán que sacar billete

Publicado o 26/05/2020 21:04
Renfe mantén as viaxes de balde para os sanitarios, pero terán que sacar billete

Renfe seguirá mantendo as viaxes de balde para os sanitarios. Será así mentres dure o estado de alarma. Pero hai cambios. A partir do luns 1 de xuño estes viaxeiros terán que sacar antes de subir ao tren un billete que non lles custará nada, pero a compañía ferroviaria explica que é para ter un asento asignado en cada viaxe.

Desde que Renfe puxo en marcha esta medida, máis de 10.500 sanitarios beneficiáronse das viaxes de balde para ir traballar.

Noticias web

26/05/2020