CRTVG

Buscar

Renfe aumentará 7.000 prazas nos trens a Vigo durante o Nadal

Publicado o 13/11/2019 23:49
Renfe aumentará 7.000 prazas nos trens a Vigo durante o Nadal

Renfe aumentará 7.000 prazas nos trens entre A Coruña e Vigo durante este Nadal. O ano pasado esgotáronse as viaxes en varios traxectos e moitos usuarios quedaron en terra por mor da gran demanda que espertan as luces de Nadal viguesas.

Tamén a propia cidade porá en marcha un plan de tráfico especial para esas datas, en que o centro será peonil durante as fins de semana, os festivos e as vésperas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019