CRTVG

Buscar

Renfe anuncia a venda de billetes en Correos tras pechar os portelos en oito estacións galegas

Publicado o 29/12/2019 14:58

Rexeitamento unánime á decisión do ADIF de suprimir a venda presencial de billetes en oito estacións de tren de Galicia a partir do 31 deste mes. Dende Renfe afirman que poderán adquirirse nas oficinas de Correos, en máquinas de autovenda ou a través da Internet.

Na estación do Carballiño esta fin de semana xa non se podían mercar billetes. Unha situación que a partir do vindeiro martes vai ser permanente.

Dende o concello os distintos grupos políticos mostraron o seu rexeitamento ao peche. Din, prexudica sobre todo o rural, e piden melloras no servizo ferroviario.

A administración autonómica reclamoulle o ADIF que manteña o servizo. Hai dous anos cando se anunciara un peche semellante conseguiron que se recuperara en varias estacións. Dende os sindicatos din que a supresión da venda presencial de billetes prexudicaría a uns 120 mil usuarios ao ano en toda Galicia.

Noticias web

29/12/2019