CRTVG

Buscar

Renault salva a España dos recortes de producción

Publicado o 29/05/2020 07:52

Renault descarta reducir a súa produción en España. As plantas que ten en Palencia, Valladolid e Sevilla sálvanse da reorganización da compañía, que busca aforrar preto de 2.000 millóns de custos fixos. Non contempla despedimentos pero si suprimir 15.000 empregos en todo o mundo a través da reconversión de postos de traballo, mobilidade interna e saídas voluntarias.

Co mantemento dos proxectos en España, os traballadores das catro factorías, preto de catorce mil, agardan librarse deste recorte e urxen medidas para seguir sendo competitivos. Francisco Ramos, de CCOO, di que "a dirección da empresa, a nivel grupo, confía en nosoros. Pero esto cambia dun día para outro. Hai que estar alerta".

Os que seguen coa presión na rúa son os traballadores de Nissan, afectados pola decisión de peche das tres plantas que ten o grupo en Barcelona. Levaron as protestas aos concesionarios da marca. Para reverter a situación piden que as administracións se impliquen.

A ministra de Industra, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, mantén que  "sempre que haxa unha iniciativa privada, o Goberno o que ten é que acompañar. E niso imos traballar estas semanas. En buscar a mellor colaboración público-privada para darlles continuidade ás capacidades produtivas que ten Nissan"

O peche suporá o despedimento directo de 3.000 traballadores. Hai outros 20.000 empregados de provedores e subcontratas afectados.