CRTVG

Buscar

Remuda na alcaldía de Salceda de Caselas

Publicado o 01/06/2021 20:21

Salceda de Caselas vai cambiar de alcaldesa. Verónica Tourón, do Partido Socialista, substituirá a Dolores Castiñeira, de Movemento por Salceda. O cambio na alcaldía estaba recollido no pacto de goberno asinado entrambas dúas formacións. O pleno de investidura da nova alcaldesa celébrase o día 15 deste mes, xusto cando se cumpre a metade do mandato. 

"Independentemente da posición que ocupe cadaquén, a partir deste momento, o acordo está pensado para catro anos. O importante é o proxecto de mellora da vida da nosa veciñanza", di Dolores Castiñeira, alcaldesa saínte de Salceda de Caselas.

"Este é un exemplo de democracia, de ser capaz de chegar a acordos para que a vida dos veciños mellore", afirma Verónica Tourón, a próxima alcaldesa de Salceda de Caselas.

 

 

Noticias web

01/06/2021