CRTVG

Buscar

Remontada na compensación e primeiro triunfo do Bergantiños na tempada (2-1)

Publicado o 09/10/2021 19:58

Esta é a imaxe da desesperación do adestrador do Móstoles, Víctor González nada máis rematar un partido no que o seu equipo rematou perdendo cun gol nos últimos segundos.

E no que comezou gañando no minuto dez con este tanto de Alvaro Sánchez tralo saque dun córner.
Tardou en achegarse o Bergantiños. Non o fixo ata a media hora, cando Cano rematou esta falta detida por Tejero.

Foi o prólogo do empate logrado por Agulló, tamén tralo saque dun corner. Escobar acaba empurrando para resolver posibles dúbidas.

Santi Canedo mantivo o seu equipo no partido durante boa parte da segunda metade, como nesta intervención a disparo de Portilla.

O encontro semellaba condenado o empate cando Martín Lamelas combina con Blas e o seu centro convérteo Boedo no dous a un definitivo.

Tres homes que acaban de entrar no campo e que lle daban a primeira vitoria da temporada ó Bergantiños, de ahí a ledicia do seu técnico Xosé Luis Lemos.

Noticias web

09/10/2021