CRTVG

Buscar

Remontada do Poio Pescamar para levar o derbi diante de Ourense Envialia

Publicado o 07/03/2021 09:13

Na primeira división feminina de fútbol sala o Poio Pescamar levou o derbi diante do Ourense Envialia. Tivo que remontar, xa que o equipo ourensán obtivo vantaxe no primeiro tempo cun tanto de Marta, de estratexia. Nos minutos iniciais do segundo tempo deulle a volta á situación o Poio. Antía Pérez fixo o empate e a arxentina Julia Dupuy logrou o 2-1 definitivo. O resultado permítelle ao Poio seguir a un punto do líder do seu grupo, o Futsi Navalcarnero. O Ourense Envialia é o cuarto.

Noticias web

07/03/2021