CRTVG

Buscar

Remonta espectacular do 49er FX de Támara Echegoyen, que acariña os metais

Publicado o 28/07/2021 10:58
Remonta espectacular do 49er FX de Támara Echegoyen, que acariña os metais

A galega Támara Echegoyen e a súa compañeira Paula Barceló foron quen de darlle a volta ao descafeinado primeiro día de competición, en que acadaran o oitavo posto, e meterse agora mesmo no podio.

Nas tres regatas de hoxe sumaron un quinto, cuarto e terceiro posto respectivamente. Isto permítelles ser terceiras na clasificación xeral no ecuador da competición con seis regatas disputadas, a dous puntos das holandesas Bekkering e Duetz (prata agora mesmo) e a sete das británicas Dobson e Tidey, que levarían o ouro.

 

Noticias web

28/07/2021