CRTVG

Buscar

Remonta e triunfo importantísimo do Porriño ante o Morvedre

Publicado o 17/02/2021 17:13

Vitoria importantísima do Conservas Orbe Rubensa Porriño en terras valencianas.

Gañou na pista do Morvedre, un rival directo na loita pola permanencia. E fíxoo cunha remonta incrible nos minutos finais do partido. O Porriño perdía 20-16 e acabou vencendo 20-21. Fixo un parcial de 0-5 e unha parada decisiva de Fátima Ayelén na derradeira xogada para impedir o empate.

Con esta vitoria, o Porriño sácalle 4 puntos na clasificación ao Morvedre.

Noticias web

17/02/2021