CRTVG

Buscar

Remiten á Fiscalía do Supremo unha demanda contra Iglesias e Montero

Publicado o 08/02/2021 15:06

Anticorrupción remite á fiscalía do Tribunal Supremo unha demanda contra Pablo Iglesias e Irene Montero. Faino por seren aforados tanto o vicepresidente como a ministra de Igualdade.

A denuncia presentouna un exdirixente do partido en Castela-A Mancha que competiu contra Iglesias nas últimas primarias do partido. Acúsaos de alterar o censo e manipular o reconto de votos.

Noticias web

08/02/2021