CRTVG

Buscar

Remite o temporal no litoral da Coruña

Publicado o 03/03/2020 21:19

Remitiu no litoral da Coruña o temporal no mar e minguou a altura das ondas, que chegaron aos 5 metros. Durante a madrugada a situación vai estar estable e tranquila, xa non hai aviso laranxa, pero terá as horas contadas.

Mañá á tardiña volven as precipitacións e aumenta a intensidade do vento que vai deixar avisos no mar en boa parte da costa da provincia da Coruña e tamén na Mariña.

Noticias web

03/03/2020