CRTVG

Buscar

Remite o temporal no Levante

Publicado o 22/04/2019 21:40

Xa non chove na zona de Levante, polo menos non coa intensidade das últimas horas. Quedan atrás imaxes coma estas, dos mais de 200 litros por metro cadrado que caeron en localidades como Xàbia, Denia ou Torrevieja.

Agora toca facer balance dos danos, non só pensando no presente máis inmediato senón con vistas ao verán. A zona, eminentemente turística, quedou devastada, e moitas estradas aínda permanecen cortadas.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/04/2019