Rematou sen acordo a xuntanza para a prórroga dos ERTE
Rematou sen acordo a xuntanza entre o Goberno e os axentes sociais para prorrogar os ERTE máis alá do 31 de xaneiro. O principal escollo está nas cláusulas de mantemento do emprego.
Os empresarios piden flexibilizalas. E o Goberno fai unha proposta nova, que mantén a prohibición de despedir. Agora, sindicatos e patronal van estudala.
O secretario xeral de CCOO Unai Sordo explica que "España non pode facer un esforzo de, seguramente, máis de vinte mil millóns de euros para soster o emprego, para asumir os salarios temporalmente que deixan de pagar as empresas, as cotizacións sociais que deixan de facer as empresas e non pedir como compensación, como contrapartida, que as empresas non poidan despedir nun tempo. Son compromisos que se están adquirindo en prácticamente todos os países de Europa. Para CCOO a renovación dos ERTE ten que pasar polo mantemento do compromiso do emprego nos mesmos termos que temos pactados".