CRTVG

Buscar

Rematou o prazo para pedir o voto por correo para as eleccións xerais

Publicado o 18/04/2019 21:22


Máis de 58.000 galegos solicitaron votar por correo.
Rematou o prazo de petición do voto por correo para as eleccións xerais.
En Galicia ata onte xa o pediran 58.746 electores. A eles hai que sumar os que esperaron a hoxe xa que de xeito extraordinario Correos tivo que abrir en día festivo para facilitar o trámite.
En toda España solicitaron o voto por correo un millón trescentas mil persoas. Aínda que remata o prazo para pedilo, os que xa recibiron as papeletas poderán envialo ata o próximo mércores.

Solicitaron o voto algo máis do 8,4% dos españois residentes no estranxeiro.
Dos españois que viven no extranxeiro só un 8% solicitaron votar nestas eleccións, segundo os datos do INE. E no caso dos galegos a porcentaxe aínda é menor: un 5%.
En concreto pediron o voto uns 21.000 galegos residentes no exterior. Son menos que nas últimas xerais. E isto non quere dicir que finalmente vaian votar porque aínda lles queda por diante parte do proceso burocrático, polas dificultades do voto rogado.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/04/2019