CRTVG

Buscar

Bos días

Rematou en Ourense Termatalia, a feira do turismo de saúde

Publicado o 23/09/2013 09:32


Onte rematou Termatalia, a única feira en España dedicada en exclusiva ao turismo de saúde.
Un ano máis Ourense foi o escenario de importantes negocios encamiñados a facer do termalismo en Galicia un referente internacional. Nacional xa o é, cun volume de negocio anual de 60 millóns de euros.

Só Cataluña iguala a Galicia en número de balnearios, 21. Pero a superior oferta hoteleira e gastronómica destes establecementos fan que a nosa comunidade sexa o destino termal de referencia en España. Dous retos agora teñen en mans. Diversificar o perfil de usuarios con ofertas para familias e paquetes lúdicos.

O outro, abrir novos mercados coma a China, a India e Rusia. En Termatalia son moitos os contactos que estes días comezan aquí. Alejandro Rubín, director de Termatalia: "O que fai é que, na tempada que vén, imos poñer esas prazas nos catálogos e, por tanto, imos poder recibir os establecementos moitos máis turistas".

Pero a única feira de turismo de saúde do Estado, ademais de centro de negocio, é un escaparate coas últimas novidades en equipamento e tratamentos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

23/09/2013