CRTVG

Buscar

Declaran nos xulgados dous altos cargos do Sergas polos tratamentos de hepatite C

Publicado o 28/04/2016 21:22

Os dous contestaron as preguntas da Fiscalia e da acusación particular, para demostrar que foi correcto o funcionamento da subcomisión

O ex-director de Asistencia Sanitaria do Sergas e actual xerente da área sanitaria viguesa, Félix Ruibal, e Carolina González-Criado, subdirectora de Farmacia, chegaban os xulgados de Santiago as 9 da mañá. Declararon, por separado, durante mais de catro horas nas que -segundo o seu avogado- demostraron o correcto funcionamento da subcomisión da hepatite C.

"Aclaráronse os protocolos de actuación, aportouse documentación ao xulgado con pleno ánimo de colaboración e entendemos que se acreditou o correcto funcionamento da subcomisión da hepatite C e dos profesionais que declararon",dixo Manuel Pillado.

Responderon as preguntas do xuiz, da fiscal e as do letrado da Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C, constituída na causa como acusación particular. O letrado Arximiro Soriño explicou que "declararon, deron as suas explicacións e deron moita documentación que agora hai que analizar. Sacar conclusións hoxe sería prematuro".

Os dous altos funcionarios están investigados por un suposto delito de prevaricación administrativa polo atraso dos fármacos da hepatite C. "O único que trata a Fiscalía -dixo a fiscal Pilar Fernández-é constatar a legalidade dos procedementos e por ahí irá a nosa investigación, para salvagardar o sistema de saúde. Porque o que se esixe é máxima garantía, transparencia e que non existan irregularidades".

Unha vez rematada a investigación, a Fiscalía decidirá se se formula ou non escrito de acusación.

Sobre este asunto, o presidente da Xunta volveu insistir hoxe en que é unha "inmoralidade", dixo, relacionar a política económica co tratamento da hepatite C.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/04/2016