CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Rematan o primeiro curso de formación superior para alumnos con síndrome de Down e discapacidade intelectual

Publicado o 01/06/2018 21:16
O mes de xuño é sinónimo de exames. Achégase tamén a fin de curso para os alumnos da primeira promoción do programa ALIDA. Son estudantes con algunha discapacidade intelectual que se forman durante dous anos para incorporarse ao mercado laboral como administrativos. Na escola de Maxisterio de Vigo é tempo de exames. Aquí ademais de formar futuros mestres, tamén se imparten as clases do programa ALIDA. Unha formación superior de dous anos que remata este mes o seu primeiro curso. O programa ten por obxectivo a inclusión sociolaboral das persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual. O programa inclúe tamén un período de prácticas en empresas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

01/06/2018