CRTVG

Buscar

Rematan as pesqueiras do bocarte e do bonito para os mariñeiros galegos e do Cantábrico

Publicado o 13/08/2021 20:47
Rematan as pesqueiras do bocarte e do bonito para os mariñeiros galegos e do Cantábrico

Hoxe remata a costeira do bocarte para os mariñeiros galegos e do Cantábrico. España esgotou xa a súa cota para esta tempada. Tampouco queda cota de bonito: a súa costeira é a máis curta da historia.

Os barcos que andan a el acaban o seu traballo este domingo. Pero aínda poderemos atopar algún no mercado ata mediados da semana que vén, cando se prevén as últimas descargas. Os pesqueiros españois capturaron case 28.000 toneladas de bocarte e máis de 15.000 de bonito.
 

Noticias web

13/08/2021