Rematado o novo e edificio ecoeficiente de Inditex na sede de Arteixo
Inditex ten xa listo na súa sede central de Arteixo o seu novo edificio ecoeficiente.
A multinacional galega investiu 130 millóns de euros nesta obra, que inaugurará dentro de dúas semanas e que albergará os novos estudos da tenda en liña de Zara e o departamento central de deseño de Zara Man.
Dende o xigante téxtil destacan que as novas instalacións representan o mellor exemplo visual da estratexia da compañía de incorporar os últimos avances en materia de sostibilidade medioambiental e enerxías renovables.
O novo edificio de 67.000 metros cadrados dispón de enerxía fotovoltaica e a súa conectividade realizase a través de Wifi 6 e 5G.
Aspira a máxima categoría da certificación medioambiental LEED — LEED Platino— con novidades de protección medioambiental como as fachadas recubertas con vidrio de alta eficiencia ou os sistemas para a reutilización da agua da chuvia.