CRTVG

Buscar

Remata o salón gastronómico Xantar, en Ourense, con récord de visitantes

Publicado o 09/02/2020 17:53

O único salón internacional de turismo gastronómico que hai na Península remata e, á espera de pechar as portas para facer o reconto final desta edición 21, agardan superar o récord de visitantes.

Xantar 2020 despídese como empezou, cunha chea de actividades. Showcookings, catas de viño e queixos, degustacións de produtos de calidade, obradoiros, master-class...

Preto de 300 expositores, entre eles 15 restaurantes, que este domingo estaban cheos.

A edición número 21 da única feira internacional de turismo gastronómico de España e Portugal pecha despois de cinco días cun moi bo balance.

O ano con máis afluencia achegáronse 24.000 visitantes, e agardan superar o récord.

Noticias web

09/02/2020