CRTVG

Buscar

O cumio entre Trump e Kim Jong-un remata en fracaso

Publicado o 28/02/2019 19:53

Ainda que todo parecia empezar ben, o segundo cumio de Trump con Kim Jong-un rematou sen declaración final, sen comida de despedida, sen cerimonia de firma e sen conferencia de prensa conxunta.

No seu lugar, o presidente norteamericano tivo que explicar a súa versión do fracaso. "Hai veces en que hai que marchar e esta é unha delas", dicía Trump despois de declarar que Corea do Norte esixía o levantamento de todas as sancións a cambio dun desmantelamento parcial do seu arsenal nuclear.

"Seguiremos traballando e xa veremos", rematou Trump. Pouco despois abandonaba Hanoi a bordo do Air Force One.

O presidente norcoreano permanecerá na capital vietnamita un par de días máis, antes de coller o tren de volta á casa. Non se deixará ver pero saberán que está aí. Ningún outro mandatario no mundo utiliza unha ducia de gardacostas correndo a carón da súa limusina cada vez que entra ou sae do hotel. Un hotel español, por certo, o Meliá.

Noticias web

28/02/2019