CRTVG

Buscar

Fracasa o novo intento de achegamento entre Sánchez e Iglesias

Publicado o 09/07/2019 22:15

Quinta xuntanza entre Pedro Sánchez e Pablo Iglesias e de novo, sen acordo de cara a investidura. As posicións están aínda máis enfrontadas. Sánchez insiste en que non haberá cargos de Podemos sentados no Consello de Ministros. No PSOE acusan a Iglesias de non querer negociar e adicarse a lanzar descalificacións.

Desde o PSOE aseguran que na xuntanza Pablo Iglesias lle reclamou a Sánchez ser vicepresidente do Goberno, algo que desde Podemos negan. Aínda que Iglesias continúa insistindo en conformar un executivo de coalición.

Desde o PSOE advírtenlle a Podemos que Sánchez só se someterá á investidura de xullo e que non haberá segundas oportunidades para negociar, deixando a porta aberta así a unha repetición das eleccións no mes de novembro.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/07/2019