CRTVG

Buscar

Torra non retira os lazos amarelos e di que só fará o que lle ordene o valedor do pobo catalán

Publicado o 20/03/2019 08:16

A Xunta electoral central rexeitou a petición da Generalitat de ampliar o prazo e reiteroulle que ás seis da tarde deste martes debía retirar os lazos amarelos e as esteladas de todos os edificios públicos. O Goberno de Quim Torra négase a cumprir a orde dun organismo estatal e asegura que antes de facer nada quere consultalo con Síndic, o equivalente en Cataluña do defensor do pobo.

Total Elsa Artadi, voceira do Govern: "Se hai que actuar ou non, se en caso de que se tivese que actuar, onde se ten que actuar, cando se ten que actuar, sobre que sen ten que actuar, e por tanto estamos esperando a cal é a súa recomendación e cando teñamos a súa recomendación, guste ou non seguiremos a súa recomendación".

A delegación do Goberno en Cataluña xa lle comunicou á Xunta electoral que os símbolos independentistas seguen nos edificios públicos. Unha vez constatada a desobediencia de Quim Torra, a Xunta Electoral deberá decidir se ordena aos Mossos que retiren os lazos ou se traslada os feitos á fiscalía. Se é así, o caso podería acabar no Tribunal Superior de xustiza de Cataluña xa que Torra é aforado.

Á espera do remate deste pulso entre a Generalitat e a Xunta electoral, este martes un concelleiro do PP en Barcelona saiu do seu despacho cunhas tesoiras e cortou os lazos que había na praza da casa do concello.

Noticias web

20/03/2019