CRTVG

Buscar

Remata o xuízo contra a avogada Tania Varela por branqueo de cartos do narcotráfico

Publicado o 07/03/2019 19:11

Tania Varela era xulgada neste proceso por un caso de branqueo de cartos procedentes do narcotráfico a través da adquisición de bens inmobles usando a sociedade mercantil Rialto 72-74. A vista oral rematou. A avogada pediu unha sentenza xusta. Era xulgada despois de permanecer fuxida durante cinco anos, e de feito o resto dos acusados no mesmo caso xa foron xulgados. A Fiscalía pide para ela unha pena de tres anos e medio de prisión e unha multa de 220.000 euros. O avogado da defensa pediu a súa absolución.

A Fiscalía sostén que está acreditado o enriquecemento ilícito co produto da venda de substancias estupefacientes. Tamén cre que os argumentos da súa defensa son pouco cribles. Tania Varela fuxiu en 2013, tras ser condenada a sete anos e medio de prisión por tráfico de drogas a consecuencia dun alixo de 2.000 quilos de cocaína atribuído a David Pérez Lago.
 

Noticias web

07/03/2019