CRTVG

Buscar

Remata o xuízo á enfermeira de Alcalá acusada de dous asasinatos

Publicado o 24/06/2019 14:38

Remata o xuízo á enfermeira de Alcalá acusada de matar dúas doentes inxectándolles aire nas veas. Beatriz López terá hoxe a última oportunidade de dirixirse ao xurado popular antes de que este comece a deliberar o seu veredicto.  

Beatriz López terá hoxe a última oportunidade de convencer o xurado popular de que ela non é culpable da morte súbita de dúas mulleres na planta do hospital de Alcalá en que traballaba.

Despois de escoitala, o xurado retirarase a deliberar o seu veredicto.

A fiscalía pediu 40 anos de cadea, pero modificou as conclusións porque se ben os forenses certificaron que o aire inxectado nas veas das vítimas foi mortal, non puideron aclarar se foi mediante xiringa ou a través das máquinas de osíxeno do hospital.

O defensor do paciente e as acusacións particulares piden prisión permanente revisable polas dúas mortes que aconteceron no 2015 e no 2017 e por unha primeira tentativa de asasinado no mesmo hospital no 2013.

Os tres casos se produciron na quenda de traballo desta auxiliar de enfermería á que a policía gravou en vídeo entrando e saíndo do cuarto dunha das doentes pouco antes de que esta morrera.

 

Noticias web

24/06/2019