Remata o prazo para presentar ofertas por Alcoa
Publicado o 31/05/2019 20:06
Hoxe remata o prazo de presentación de ofertas polas plantas de Alcoa da Coruña e Avilés. O problema é que, aínda que apareza un comprador cun proxecto viable, estas xa non poderán prestar o servizo de interrompibilidade dende o un de xullo nin recibir as axudas correspondentes. Dende a Xunta din que o escenario é complexo para garantir a viabilidade da factoría, ao tempo que acusan o Goberno de crear incerteza.
Segundo o Conselleiro de Economía e Industria, "estamos nun escenario de incerteza sobre a posición que poden adoptar os compradores, nun escenario en que o goberno se corrixe a si mesmo e non ten pensada unha solución posible a 30 de xuño. Polo tanto, é un escenario complexo para garantir a viabilidade da planta e dos empregos".