CRTVG

Buscar

Remata o Festival Noroeste, tres días de cultura musical segura

Publicado o 08/08/2021 21:19

Foi un Noroeste diferente, que repartiu a música pola cidade, con vinte e cinco concertos en catro escenarios distintos. En María Pita estiveron ao mediodía os vigueses The Soul Jacket. A metade das bandas que tocaron no festival son galegas.

O Noroeste demostrou que a cultura é segura e máis necesaria ca nunca. Os convites esgotáronse de contado para cada un dos concertos. Os protocolos de seguridade foron estritos e o balance final, máis que positivo.

O festival apostou por un cartel ecléctico e comprometeuse coa accesibilidade. O Noroeste soou tamén para as persoas xordas grazas á tecnoloxía das mochilas vibratorias.

Marlango, en María Pita; Ptazeta, no parque Europa, e Morgane Ji, en Santa Margarita, pechan a trixésimo cuarta edición do festival Noroeste Estrella Galicia.

Noticias web

08/08/2021