CRTVG

Buscar

Remata o festival de Ortigueira reafirmándose como un dos mellores do mundo

Publicado o 14/07/2019 20:31

O ano pasado calculouse que unhas 80.000 persoas gozaron do festival de Ortigueira. E este ano todo indica que aínda houbo máis. As prazas hoteleiras estaban esgotadas dende hai meses e acamparon sobre 20.000 persoas. Que fai diferente a este festival, un dos máis antigos e consolidados de Europa?

O bo ambiente e a celebración da música celta polas rúas son dosu dos atractivos deste encontro. Pero tamén o é os beneficios que o festival deixa na zona.

Actividades e espazo para todos, mesmo para familias con cativos.

Esta noite aínda haberá música case ata o amencer, co Fiadeiro, Tanxugueiras, Leilía e Andrés Penabad Band.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/07/2019