CRTVG

Buscar

Trump accede a reunirse co presidente iraniano ao remate do cumio do G-7

Publicado o 26/08/2019 20:18

O presidente dos Estados Unidos intenta rebaixar a tensión comercial coa China e anuncia que, proximamente, os dous países retomarán as negociacións. Así o asegurou ao remate do cumio do G7, en Biarritz, que deixa outro anuncio importante: grazas á mediación de Francia, Donald Trump acepta reunirse co presidente de Irán para pechar un pacto nuclear.

Enmanuelle Macron: "Nós creamos as condicións deste encontro e dun grande acordo".

O presidente francés foi o promotor dese encontro entre Donald Trump e o presidente iraniano, que aínda non ten data, pero que se prevé clave para desbloquear a crise nuclear.

É un dos grandes titulares deste cumio do G7, en que Donald Trump asumiu un papel conciliador e tandeu pontes tamén coa China, á que lle advertiu que non lle queda outro remedio que entenderse cos Estados Unidos. Sen fixar data concreta, anunciou que proximamente os dous países retomarán as negociacións.

Ademais, os membros do G7 aprobaron unha partida de 18 millóns de euros para loitar contra os incendios do Amazonas. O acordo provocou duras críticas do presidente brasileño a Enmanuelle Macron, que chegaron incluso ao terreo persoal. Bolsonaro mofouse nas redes sociais da primeira dama francesa pola súa idade. Macron replicoulle no cumio, dicindo que non é un presidente á altura dos brasileiros.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/08/2019