CRTVG

Buscar

Remata o cribado masivo con PCR en Sárdoma e comeza outro en Lavadores

Publicado o 22/11/2020 21:03

Os 2.320 casos activos de coronavirus na área sanitaria de Vigo supoñen o 26,3 % de todos os casos galegos. Hai 67 persoas hospitalizadas, catro máis ca o sábado, e 25 ingrresadas en UCI. Nas últimas 24 horas notificáronse 83 novos positivos, pero é que o día anterior foran 176.

Posto que a incidencia acumulada é de máis de 250 casos por cada 100.000 habitantes, o Sergas programou a partir desta fin de semana o primeiro capítulo dun cribado masivo que tocará a 16 centros sanitarios.

Sábado e domingo, asemade, funcionaron os dous covidautos: o da explanada do hospital Álvaro Cunqueiro e o do vello Meixoeiro. No Cunqueiro fixeron probas PCR a contactos dos casos positivos e no Meixoeiro foron citadas 2.000 persoas procedentes do centro de saúde de Sárdoma.

Despois de Sárdoma, o luns comezan as PCR ás persoas que teñan o seu médico de familia en Lavadores, xunto co centro de Vigo, a área con máis casos.

Noticias web

22/11/2020